martes, 14 de xullo de 2015

Unha reseñiña de María do Cebreiro sobre "Papilas analógicas..." (2014)


Versos meus neste libro. Foto de teclista



María do Cebreiro sobre Papilas analógicas. Paisaxe sur text, Progresele/ Diminutos salvamentos, 2014.

O outro día coñecín en persoa a Ana Cibeira, responsable durante anos da sección de poesía da librería La Central de Callao, e á que lle debemos que nos últimos anos a poesía galega parecese en Madrid o que realmente é: unha das ponlas máis vizosas da poesía contemporánea. Grazas a ela tiven noticia do libro _papilas analógicas. paisaxe sur text_ (Alsari, 2014), no que escribe canda Elia Maqueda e Davidia Martín Saornil, e que sen dúbida encaixa na infalible categoría dos libros raros e curiosos. Editado na colección diminutos salvamentos (onde saíron do prelo títulos tan importantes como _cativa en su lughar / casa pechada_ de Luz Pichel), o volume é un libro que non é un libro. Todo o que alí acontece está apegado aos rastros dunha oralidade voraz, até o punto de que resulta difícil prever quen fala primeiro e quen despois. Estas páxinas foron escritas por tres magníficas que militan nos acentos locais e que non queren encaixar en gramática ningunha, que se recoñecen (coma todas) nalgúns espellos máxicos, de Luísa Castro a Washington Cucurto. Un libro feito con alegría e desesperación, moi semellante ás tres vidas abertas que por el corren, sen cálculo nin escuadra.

María do Cebreiro Rábade Villar




Ningún comentario:

Publicar un comentario