mércores, 14 de xaneiro de 2015

"Carmilla" de Joseph Sheridan Le Fanu, unha cita traducida ao galego

Ilustración de Ana Juan
-Ai, Carmilla, xa comezas a desvariar outra vez- dinme présa en dicir.
-Non, non, aínda que son parva e caprichosa, por amor a ti falarei como unha sabia. ¿Algunha vez fuches a un baile?
-Non, qué cousas dis! Cómo é? Ha de ser fantástico!
-Case o teño esquecido, foi fai moitos anos.
-Non es tan vella!- rin-. Non é posíbel que xa esqueceras o teu primeiro baile.
-Lémbroo todo, pero como moito esforzo; coma si estivera somerxidae vira o que sucede na superficie a través da auga transparente, pero densa e axitada. A noite dese brillante baile percorreu algo que difuminou a miña memoria: case me asesinaron na miña propia cama; feríronme aquí -tocou o peito-, e nunca volvín ser a mesa.
-Estiveches a piques de morrer?
-Sí a piques...e foi un amor cruel, un amor estraño capaz de quitarme a vida. O amor esixe sacrificios, e non hay sacrificio se non hai sangue. Imos durmir. Síntome moi esgotada. Non sei como poderei erguerme para pechar a porta.
Joseph Sheridan Le Fanu
 
Extracto de Carmilla de Joseph Sheridan Le Fanu traducido ao galego por min. A partir da edición de Fondo de Cultura Económica, fermosamente ilustrada por Ana Juan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario